XI Xornadas sobre Tecnoloxías da Información para a Modernización das Administracións Públicas

tecnimap 2010 zaragoza do 6 ao 9 de abril.Administración aberta: entra sen chamar

Tecnimap 2010 pecha as súas portas cun éxito rotundo de participación e contidos

TECNIMAP 2010 pecha as súas portas cun balance moi positivo. Un total de 6200 expertos en novas tecnoloxías e administración pública participaron directamente nestas xornadas, que reuniron na súa parte expositiva a 171 organizacións, empresas privadas e institucións. Sumados aos 8000 visitantes do Espazo Urbano TECNIMAP 2010 “Administración electrónica a pé de rúa”, as cifras finais do evento superan as 14.000 persoas, unha mostra do interese que suscita a modernización administrativa na sociedade española.

Así, o obxectivo desta undécima edición da feira bienal de referencia das Tecnoloxías da Información aplicadas á Modernización Administrativa cumpriuse con éxito, xa que se conseguiu chegar ao cidadán e puidéronselle mostrar todos os servizos públicos que ten ao seu alcance.

Nas xornadas valorouse positivamente a situación das administracións españolas e fíxose fincapé na necesidade de implicar o cidadán “nesta revolución".

Esta cita tamén coincidiu coa Presidencia española de quenda da Unión Europea, polo que TECNIMAP prestou especial atención aos países veciños, aceptando por primeira vez comunicacións de nacións da Unión e creando unha categoría especial dos premios TECNIMAP, galardóns que recoñecen as iniciativas pioneiras en aplicacións para mellorar os servizos públicos.

Tamén en contidos, TECNIMAP 2010 será un referente de futuro. Neste cumio tecnolóxico da Administración Pública debatéronse cuestións como a necesidade de implicar os cidadáns na modernización e de establecer vías de colaboración entre o sector público e privado.

Libro

Ademais de servir de panel de experiencias para intercambiar ideas, abordáronse retos de futuro que permitan establecer relacións transparentes, colaborativas e participativas cos cidadáns en todas as áreas administradas.

Ao longo dos tres días de xornadas celebráronse quince mesas redondas oficiais e sesenta comunicacións, seleccionadas de entre as 420 presentadas, toda unha marca para TECNIMAP 2010 que confirma o interese que existe para o desenvolvemento de novos servizos electrónicos na Administración.

Descargar Libro Tecnimap 2010 (PDF)



Who participated in Tecnimap 2010?

Tecnimap on your iPhone
Presidencia Española